lunes, 25 de mayo de 2015

PEGADAS MUSICAIS NA RADIO!

O domingo día 10 de maio do 2015 Lucía Rodriguez, a nosa directora de produción; Elena Beceiro, a nosa directora de escena e Carmen Míguez, unha das intérpretes da compañía, foron xunto coa nosa profesora de música Ana a Radio Galega a facer unha entrevista na que explicaron en que consistía o proxecto L.O.V.A. 

jueves, 21 de mayo de 2015

A VISITA DE PATRICIA!


O día 27 de Marzo do 2015 veu Patricia Rodríguez, unha cantante profesional de ópera. Xa virñea o ano pasado a explicarnos os exercicios que tiñamos que facer antes de cantar. Este ano volveu para axudar aos intérpretes.
O primeiro que fixeron foi facer uns exercicios de respiración e despois puxéronse en grupos para cantar e aprenderon a cantar coma se tivesen un micrófono diante, é dicir, que aprenderon a amplificar a  voz.

jueves, 14 de mayo de 2015

FEIRA DO MERCADO XUSTO

O domingo 22 de febreiro fomos aos xardíns do concello para participar na feira do Mercado Xusto a recadar diñeiro para a ópera. No noso posto vendimos diferentes cousas feitas por nós: libretas grandes e pequenas, marcapáxinas, xabón, galletas e flores de papel pinocho.

Premendo na enlace podedes ver como fixemos as galletas:

                         OBRADOIRO DE GALLETAS

E neste outro veredes algunhas fotos do día da feira:

                         FEIRA DO MERCADO XUSTO