lunes, 27 de abril de 2015

A VISITA DE LEYANET

O día 27 de Abril de 2015 visitounos Leyanet Geronés, que é a irmá dun dos membros da nosa compañia de ópera. Ela é unha maquilladora profesional que veu axudar ao noso equipo de caracterización e figurinistas, ensinándolles como maquillar e peitear aos intérpretes.

A FEIRA DA PLANTACIÓN

O día 26 de Abril de 2015 participamos na Feira da Plantación que organiza o Concello para recadar diñeiro para a ópera. Vendimos: plantas, mel, pratos, marcapáxinas, broches e flores de papel feitos por nós. Tivemos que ir pola tarde porque pola mañá non conseguimos vender todo. Despois coas cousas que nos sobraron montamos un mercado na sala de cerámica.




jueves, 23 de abril de 2015

AS GALLETAS E AS MADALENAS

O 7 de Novembro do 2014 fomos ao comedor e fixemos galletas con forma de peón, madalenas con forma de araña e unhas galletas máis pequenas de moitas formas.
O Día do Peón vendímolas para recadar cartos para a ópera.

Aquí tedes o video de como fixemos as galletas:





VIDEO DE COMO FIXEMOS AS GALLETAS:

AS VISITAS DE BUCANERO


O día 9 de febreiro do 2015 tivemos a visita de Bucanero, que é un grupo de teatro formado por José Bonome e Pedro Picos. Viñeron axudar aos intérpretes. Estiveron facendo improvisacións e pasárono moi ben. 
Moitas grazas a Jose e a Pedro pola súa colaboración.







A VISITA DE NATALIA BALSEIRO


O día 9 de setembro do 2014 recibimos a visita de Natalia Balseiro. Falounos sobre a comunicación e a publicidade da ópera. Díxonos que podiamos facer un blog para publicitar a ópera. Tamén que podemos chamar á prensa, á televisión e publicar en páxinas web as cosas que facemos e explicar en que consiste o noso proxecto.


AS PROFESIÓNS

O día 19 de Xaneiro do 2015, Ana e Juan citáronnos na aula de música para repartirnos as profesións que imos ter cada un de nós este curso.  Despois de tres días que tiveramos que aplazalas porque faltaban nenos por fin nolas deron. Cando soubemos que estabamos todos, puxémonoss moi nerviosos e empezamos a berrar coma tolos. 
E esta é a compañía "Pegadas Musicais" para este curso:



A VISITA DE ANTÓN CORTIZAS


       Hoxe recibimos a visita dun escritor chamado Antón Cortizas. Contounos que para escribir os seus libros, sempre se inspiraba en algo que lle tiña ocurrido. Tamén nos explicou que con unha soa palabra podes facer unha historia. 
     A Antón gústalle escribir libros para nenos. O seu primeiro conto foi "Xiganano, onde estás?". Escribiuno para presentalo nun concurso. Moitos dos seus libros foron dedicados a súa familia. 
        Agradecémoslle moito a súa visita.
 


jueves, 9 de abril de 2015

XA TEMOS LUGAR!

O día 12 de xaneiro do 2015, estivemos falando dos tres lugares que nos gustan máis para localizar a nosa obra. Elixíronse moitos como: praia, barco, illa, cámping, etc. Puxémonos por grupos para elixir cal nos gustaba. Ao final eliximos a praia, unha illa e un barco

BUSCAMOS O TEMA

A nosa compañía estivo propoñendo ideas para o tema do que vai tratar a ópera.  Para iso fomos pensando ideas e anotándoas nun papel. Despois de varias clases obtivemos unha larga lista de temas.
O paso seguinte foi elixir un tema que nos gustase, explicando por qué nos gustaba.
Ao final, entre todos eliximos: O RACISMO.

A VISITA Á ESAD!

O 13 de Novembro a Compañía Pegadas Musicais e as dúas compañías de 3º da ESO fomos de excursión a Vigo para visitar a ESAD (Escola Superior de Arte Dramática).Alí nos ensinaron todas as clases da universidade. Máis tarde fomos a Pontevedra ao Museo Provincial a ver esculturas de arte gótico e algúns cadros de Castelao.