martes, 27 de mayo de 2014

AS VISITAS DE LEYANET
Leyanet é a irmá de Christopher, un dos membros da compañía. A súa profesión é maquilladora, por iso axuda a caracterización, e ensínalles moitas cousas para que poidan facer ben o seu traballo. Contan Aroa e Estefanía “Leyanet ensinounos como botar a base de maquillaxe na cara. Empezamos a maquillar e, se tiñamos dúbidas, deixábanos preguntarlle se ía ben ou mal. A raia do ollo foi onde máis nos axudou porque é o que peor nos sae. Por último, díxonos como se chamaba cada utensilio e cada produto”.
Grazas Leyanet!!!!!!!







AS PROFESIÓNS
Un día pola mañá alá polo mes de novembro, os nosos mestres déronnos un papel para cubrir as profesións que nos gustaban. As opcións eran: documentalistas , relacións públicas, director/a de produción, director/a de escena, caracterización, figurinista, escenógrafos, iluminadores, escritores, compositores e intérpretes. Dixéronnos que o fixeramos calados, cada un para nós mesmos. Cada un puxo as tres que prefería.
Os nosos profes tiñan que decidir cal daban a cada un, e tardaron moitos días en facelo. Seica non foi unha decisión doada, e para tomala tamén nos fixeron entrevistas para saber, por exemplo,
cal era a profesións que máis nos gustaba, para cal profesións nos viamos mais capacitados. Estabamos impacientes e, por fin chegou o día.
Ah, pero... decepción! non estabamos todos os membros da compañía e non puido ser. Iso mesmo nos pasou ata catro veces. Por fin o día 12 de decembro estabamos todos. Fóronos chamando un a un ao medio da aula. Alí dixérennos a profesións que iamos ter e ademais déronnos un obxecto que representaba a nosa profesión. Nerviosos, contentos, emocionados, entusiasmados... Así estabamos nós.
Estas son algunhas das cousas que escribimos ao día seguinte: