martes, 29 de abril de 2014



A feira da plantación
O último domingo de abril no noso pobo se celebra unha feira dedicada ás plantas. Este ano puxemos un posto para recadar fondos para a compañía “Pegadas Musicais”. No posto vendemos moitas plantas ornamentais, perexil, amorodo e ruda. Tamén tiñamos xabóns e broches elaborados por nós. As plantas doóunolas VIVERGAL, un viveiro da zona, e Luísa, a dona da librería que está en fronte do colexio, regalounos o papel co que envolvemos as plantas e os xabóns. Estamos moi agradecidos por estas axudas.

Traballamos moito para vender todo e darnos a coñecer, pero tamén foi moi divertido e comprobamos que podemos traballar sos sen axuda dos profes.










viernes, 11 de abril de 2014



O XOGO DO ZIP, ZAP, BOP


O “zip,zap,bop” é un xogo que facemos todos xuntos polas mañás e serve para concentrarnos e pasarnos a enerxía. Ademais pasámolo moi ben xogando.


A VISITA DE PATRICIA

Patricia é unha cantante de ópera. Veu visitarnos o día 28 de novembro. Ensinounos a facer respiracións previas á actuación. Falounos da súa profesión e do moito que  lle custou conseguir ser cantante e lograr o seu soño de chegar a cantar no Teatro Real de Madrid e noutros moi importantes.Tamén nos dixo que se perseguiamos os nosos soños, lograriamos conseguilos. Fixémoslle moitas preguntas e despois asinounos o caderno de remeiro maior Por último, cantounos unha fermosa aria.




O RETO DO DOMINÓ

O reto do dominó consiste en coller unha ficha de dominó e levantarse de un en un, poñéndoas en fila sen que caian. Se cae unha, caen todas. Descubrimos que o mesmo pasa coa compañía, é unha metáfora de nós mesmos,e significa que se falla un, fallamos todos.






O RETO DA ALFOMBRA




O reto da alfombra, consiste en subirse todos nunha alfombra, e intentar darlle a volta estando nós enriba dela. Todos damos ideas para superalo, pero aínda non o conseguimos. Os profes dinnos que podemos logralo. O noso problema é que cada vez que o intentamos, todos gritamos, todos quereremos dar ideas, todos falamos á vez...
Temos unha foto  intentándo, esperamos que pronto podamos subir unha co reto conseguido.







A VISITA DE IGNACIO

Ignacio é un arbitro de fútbol de primeira división pero o seu pasatempo favorito é escribir contos e obras de teatro. Fixo algunhas para nenos. O día 29 de novembro do 2013 veu visitarnos para falarnos da profesión de escritor.
Leunos un conto moi chulo, que el escribiu sobre as reencarnacións. Logo fixémoslle preguntas como se prefería arbitrar ou escribir contos, se escribía contos longos ou contos curtos...
El respondeunos a todas as preguntas. Antes de marchar pedímoslle se nos asinaba autógrafos e como nos gustou moito a súa visita cantámoslle “Olelé”. Aquí o podedes ver con todos nós.









A VISITA AO FARO
O 19 de febreiro fomos de excursión ao faro de Estaca de Bares, para documentarnos porque o argumento da nosa ópera transcorre nun faro. Alí recibiunos Eugenio, o fareiro, que nos explicou cousas do seu traballo. Fixémoslle moitas preguntas e el aclarounos todas as dúbidas que tiñamos sobre a vida alí. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas interesantes.
Fixemos esta foto tan chula.