jueves, 13 de marzo de 2014



A VISITA DE BUCANERO


“Bucanero” é unha compañía de teatro formada por Pedro Picos e José Bonome.
Visitáronnos o dia 10 de novembro do ano 2013. Eles aclaráronnos cousas sobre as profesións que interveñen na produción dunha obra de teatro:electricistas, rexedora, intérpretes, relacións publicas, documentalistas, director de produción, compositores, escenografos, vestuario, carecterización e os escritores. Fixémoslles moitas preguntas e ao final asináronnos autógrafos e sacamos esta foto todos xuntos.







A CANCIÓN DA COMPAÑÍA


A canción chámase Olelé. Esta canción cantámola cando terminan as reunións da compañía. A canción é unha metáfora que quere dicir que remamos todos xuntos e que se falla un fallamos todos, porque toda a compañía é importante.
Aqui tedes un vídeo coa canción.
Esperemos que vos guste.