lunes, 4 de enero de 2016

"EXCURSIÓN Á ILLA CORAZÓN" NA CASA DA CULTURA DE SAN SADURNIÑO

O 29 de maio de 2015 a nosa compañía, Pegadas Musicais, representou na Casa da Cultura de San Sadurniño a obra creada e producida por nós mesmos durante este curso.
Premendo nos seguintes enlaces podedes ver a gravación da representación.

"EXCURSIÓN Á ILLA CORAZÓN" - Acto Primeiro



"EXCURSIÓN Á ILLA CORAZÓN" - Acto Segundo




"EXCURSIÓN Á ILLA CORAZÓN"- Acto Terceiro






lunes, 25 de mayo de 2015

PEGADAS MUSICAIS NA RADIO!

O domingo día 10 de maio do 2015 Lucía Rodriguez, a nosa directora de produción; Elena Beceiro, a nosa directora de escena e Carmen Míguez, unha das intérpretes da compañía, foron xunto coa nosa profesora de música Ana a Radio Galega a facer unha entrevista na que explicaron en que consistía o proxecto L.O.V.A. 

jueves, 21 de mayo de 2015

A VISITA DE PATRICIA!


O día 27 de Marzo do 2015 veu Patricia Rodríguez, unha cantante profesional de ópera. Xa virñea o ano pasado a explicarnos os exercicios que tiñamos que facer antes de cantar. Este ano volveu para axudar aos intérpretes.
O primeiro que fixeron foi facer uns exercicios de respiración e despois puxéronse en grupos para cantar e aprenderon a cantar coma se tivesen un micrófono diante, é dicir, que aprenderon a amplificar a  voz.

jueves, 14 de mayo de 2015

FEIRA DO MERCADO XUSTO

O domingo 22 de febreiro fomos aos xardíns do concello para participar na feira do Mercado Xusto a recadar diñeiro para a ópera. No noso posto vendimos diferentes cousas feitas por nós: libretas grandes e pequenas, marcapáxinas, xabón, galletas e flores de papel pinocho.

Premendo na enlace podedes ver como fixemos as galletas:

                         OBRADOIRO DE GALLETAS

E neste outro veredes algunhas fotos do día da feira:

                         FEIRA DO MERCADO XUSTO

lunes, 27 de abril de 2015

A VISITA DE LEYANET

O día 27 de Abril de 2015 visitounos Leyanet Geronés, que é a irmá dun dos membros da nosa compañia de ópera. Ela é unha maquilladora profesional que veu axudar ao noso equipo de caracterización e figurinistas, ensinándolles como maquillar e peitear aos intérpretes.

A FEIRA DA PLANTACIÓN

O día 26 de Abril de 2015 participamos na Feira da Plantación que organiza o Concello para recadar diñeiro para a ópera. Vendimos: plantas, mel, pratos, marcapáxinas, broches e flores de papel feitos por nós. Tivemos que ir pola tarde porque pola mañá non conseguimos vender todo. Despois coas cousas que nos sobraron montamos un mercado na sala de cerámica.




jueves, 23 de abril de 2015

AS GALLETAS E AS MADALENAS

O 7 de Novembro do 2014 fomos ao comedor e fixemos galletas con forma de peón, madalenas con forma de araña e unhas galletas máis pequenas de moitas formas.
O Día do Peón vendímolas para recadar cartos para a ópera.

Aquí tedes o video de como fixemos as galletas:





VIDEO DE COMO FIXEMOS AS GALLETAS: